18 de xan. de 2018

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

CONCERTO DE SAXOS NA CASA CULTURAL DA COMUNIDADE DE MONTES DE CAMPOSANCOS


Infogauda / A Guarda

 O próximo sábado día 20 de xaneiro, ás 20:00 horas na Casa da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, o Grupo de Saxos da Agrupación Musical de O Rosal dará un concerto de música. 

 A entrada será de balde.  

NOVAS PRANTACIONS NO MONTE SANTA TREGA

 Ademais da actividade cultural que ven desenvolvendo de xeito continuado a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, o presidente da Xunta Reitora, José Fernando Martínez Martínez ven de informar: "Estamos traballando, como non podería ser de outra maneira, no monte, con cinco empregados, que dende o día 15 están preparando o terreo donde a finais de mes de xaneiro, en colaboración cos colexios de primaria de A Guarda prantaremos 1.000 árbores (300 castiñeiros, 300 cerdeiras, 300 nogueiras e 100 ornamentais), para primeiras liñas de pistas forestais".

Ningún comentario:

Publicar un comentario