A CIDADE DE VIGO E O REAL CLUB CELTA, TERÁN DESDE ESTE VENRES CANDANSÚA RÚA NA VILA DE A GUARDA
Infogauda / A Guarda
Con motivo do vixésimo quinto aniversario da Peña Celtista do Baixo Miño, e coincidindo coa celebración das Festas do Monte Santa Trega, o Concello da Guarda convida á cidadanía á inauguración da rúa Vigo e a rúa do Celta, este venres 11 de agosto ás 11:30 horas.
No devandito acto está prevista á presenza e intervencións do alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero; o presidente do R. C. Celta de Vigo, Carlos Mouriño, e o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz. Estarán tamén presentes Vladimir Gudelj, ex xogador do R. C. Celta e hoxendía delegado de campo do clube vigués, e o xogador Sergio Álvarez, a deputada provincial de Emprego, Montserrat Magallanes Álvarez e o presidente da Peña Celtista do Baixo Miño, José Carlos Rodríguez Barros, amais doutros membros da corporación local.
Preto do Centro de Saúde é onde comeza o vial urbán que leva o nome de Rúa do Celta
Fotos: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Con motivo do vixésimo quinto aniversario da Peña Celtista do Baixo Miño, e coincidindo coa celebración das Festas do Monte Santa Trega, o Concello da Guarda convida á cidadanía á inauguración da rúa Vigo e a rúa do Celta, este venres 11 de agosto ás 11:30 horas.
No centro da imaxe, o lugar onde irá ubicada a praca da Rúa do Celta
No devandito acto está prevista á presenza e intervencións do alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero; o presidente do R. C. Celta de Vigo, Carlos Mouriño, e o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz. Estarán tamén presentes Vladimir Gudelj, ex xogador do R. C. Celta e hoxendía delegado de campo do clube vigués, e o xogador Sergio Álvarez, a deputada provincial de Emprego, Montserrat Magallanes Álvarez e o presidente da Peña Celtista do Baixo Miño, José Carlos Rodríguez Barros, amais doutros membros da corporación local.
O acto comezará na Primeira Transversal Bechos á altura da intersección coa rúa Galicia, onde se inaugurará a rúa Vigo. Deseguido, ás 12:00 horas, descubrirase a placa da rúa do Celta na Terceira Transversal Bechos, na contorna do Centro de Saúde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario