CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON POR RELEVOS
ELSA PENA, CARMEN BELLO E ISABEL RODRÍGUEZ, DO CIDADE DE LUGO FLUVIAL, LOGRAN O CAMPIONATO DE ESPAÑA NA CATEGORÍA ESCOLAR POR EQUIPOS
Elsa Pena no centro da imaxe, xunto as súas compañeiras de equipo, no máis alto do podio
Informa (texto e fotografías): Alberto Pena Lomba
Un total de 269 equipos participaron esta fin de semana en Pontevedra no Campionato de España de Tríatlon por Relevos, unha modalidade moi atractiva e explosiva cara ao público.
Chegada triunfante de Elsa Pena a liña de meta
O Campionato de España de Tríatlon por Relevos, no que os equipos están formados por tres deportistas e cada un deles realizará un tríatlon en distancia super sprint (250 metros de natación, 6 quilómetros de bicicleta e 1,6 qms. de carreira a pe) e da o relevo ao seu compañeiro. Deste xeito, o primeiro en entrar en meta, será o campión de España.
Elsa Pena - no centro da imaxe - xunto a súas compañeiras de equipo, Carmen Bello - a dereita da imaxe - e Isabel Rodríguez, a esquerda.
Na categoría escolar feminino o club Cidade de Lugo Fluvial acadou o campionato de España en primeira posición coas compoñentes Carmen Bello, Isabel Rodríguez e Elsa Pena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario