5 de xan. de 2016

A GUARDA

OS REISES MAGOS TRUXERON MOITA ILUSIÓN E AGASALLOS 

Centos de nenos participaron na Recepción Real na Casa dos Alonso

A Recepción Real de SS. MM. os Reis Magos de Oriente, foi un éxito total
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 Segundo o Plan B, establecido por mor da climatoloxía, na tardiña deste martes día 5 de xaneiro, SS. MM. os Reises Magos de Oriente, chegaron á Praza do Reló, da vila de A Guarda, para logo de seren recibidos polo alcalde Antonio Lomba Baz e membros da Corporación Municipal, saudar a centos de persoas, sobor de todo, os máis picariños de cada familia, que lles agardaban impacentes. Acto seguido, SS.MM. pasarían o interior da Casa dos Alonso, onde tería lugar á Recepción Real. Alí saudaron un por un, a tódolos nenos, os cales recibiron uns agasallos e lambetadas.

 Ademais da presenza dos Reises Magos, e dos seus paxes, na Recepción Real participaron os compoñentes da Charanga "Os Zanfonos", o Grupo de Gaitas do Club de Maiores de A Guarda e o Grupo de Baile Xamaraina.

 Logo de receber a ademiración dos picariños, Melchor, Gaspar e Baltasar, retiraríanse os seus aposentos para descansar un chisco e deseguido comezar o reparto de agasallos en tódolos fogares do municipio, onde á ilusión voltou a renovarse un ano máis nos corazóns de grandes e pequenos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario