8 de dec. de 2015

TOMIÑO

NADAL EN TOMIÑO CON ADETO 2015-2016

ADETO inicia a súa campaña de Nadal con actividades de dinamización para incentivar o Comercio de Tomiño como é o sorteo de 2000 € en premios, regalos de bicicletas, música nas rúas e concurso de debuxos entre outras actividades.






Asociación de Comerciantes de Tomiño

 A Asociación de Comerciantes de Tomiño pon en marcha a campaña "Nadal en Tomiño" tras o éxito acadado en edicións anteriores. Unha campaña na que os consumidores do Comercio tomiñés que fagan as súas compras no comercio co cartel identificador da campaña, recibirán unha papeleta cun número e poderán participar no sorteo de diferentes cheques-regalo por valores que van dende os 5€ ata os 100€, repartíndose en total 2000€. Esta campaña iniciarase o día 9 de decembro e rematará o día 7 de xaneiro.

 O sorteo dos vales celebrarase o día 8 de xaneiro no local de Adeto ás 20:30h.



 Este ano como novidade, os días 12 e 13 de decembro celebrarase o Merca Nadal, no que o consumidor poderá anticipar as súas compras do Nadal. Contarase coa presenza de Papa Noël para recibir ós nenos e tamén haberá animación na rúa. Todo isto na Rúa A Guarda.

 Ademais a asociación coa colaboración dos colexios de Educación Infantil e Primaria de Tomiño farán un ano máis o concurso de debuxos de Nadal, onde se poderán ver expostos tódolos debuxos no local de Adeto os días 21, 22 e 23, e na Praza do Seixo os días 28, 29 e 30, coincidindo coas actividades de Tomilandia que organiza o Concello. O día 30 o xurado dará a coñecer os gañadores.

 Todas estas iniciativas son a favor de desevolver o Comercio, Hostelería e Industria de Tomiño, uns sectores que fan un esforzo por manter o texido empresarial e os postos de traballo que todos eles xeneran, polo cual e importante que os Tomiñeses fagan as súas compras no seu comercio, e tamén todos aqueles que nos visitan que consuman no Comercio de Tomiño. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario