26 de xul. de 2015

TOMIÑO

O Concello de Tomiño e a Asociación para a Divulgación da Cultura da Cervexa Artesá Galega organizan o primeiro festival da cervexa artesá

O evento será do 31 de xullo ao 2 de agosto 




Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño e a Asociación para a Divulgación da Cultura da  Cervexa Artesá de Galicia organizan o primeiro festival da cervexa artesanal na Praza do Seixo e no Mercado de Tomiño. O evento será do 31 de xullo ao 2 de agosto. 

 A programación comeza no venres 31 de xullo ás 20h00 coa apertura dos postos de elaboradores de cervexa na Praza do Seixo. Esa mesma noite, cea e música en vivo na carpa Xarrarriba co dúo Jenni&Nico. 

 O sábado haberá actividades todo o día tanto no mercado como na praza do Seixo. 

 No mercado ás 11:00 h Natalia Brew dará unha charla profesional sobre a Limpeza e hixiene dos materiais de fabricación. 

 Ás 12:30 h presenterase a viñoteca do mercado e ás 13:00 h demostración de elaboración de cervexa artesanal. 

 Na Praza do Seixo, os stands abriranse ás 12:00 h e novamente a partires das 22:00 h cea e música en vivo na Xarrarriba coa actuación de Emilio Rúa. 

 Xa o domingo, poderemos disfrutar da cata de cervexa artesanais e de bolos ás 13:00 h no mercado. As actividades rematarán ás 16:00 h na Praza do Seixo. 

 O festival da cervexa artesá forma parte da programación de eventos municipais de promoción do Mercado Municipal e do comercio local.

Ningún comentario:

Publicar un comentario