O CONCERTO DE “PELEPAU” PUXO A GUINDA Á V MOSTRA DAS
TRADICIÓNS MARIÑEIRAS
A organización entregou dous diplomas ós postos mellor
ambientados do “Mercado Mariñeiro”
A gamela adaptada “A Roncadeira” navegou polo porto da
Guarda
Fotos: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
A localidade de A Guarda viviu unha fin de semana festiva
grazas ás actividades programadas dentro da V Mostra das Tradicións
Mariñeiras, organizadas pola Asociación de Redeiras Atalaia e o Concello.
Tanto o venres, coma o sábado e o domingo, a carpa
instalada no porto, ofreceu a veciños de A Guarda, e tamén
ós múltiples visitantes, un ambiente moi festivo. Todas as exposicións, os
distintos obradoiros de cerámica, cestería ou vidro e as diferentes actividades
lúdicas, atraeron a centenares de persoas.
A guinda a esta V edición da mostra foi o concerto que
onte ofreceu o Grupo “Pelepau”. Dende ás 21:00 horas e ata pasadas as 23:00 horas,
este conxunto formado por dez artistas, animaron ó público e fixeron que este
se levantase, aplaudise e cantase durante dúas horas. O terminar a actuación, e
non sen antes facer máis dun “bis” o grupo despediuse do seu público entoando o
seu último tema entre eles.
O Mercado Mariñeiro, exposto na rúa do Porto tamén foi un
moi bo reclamo. Veciños e visitantes pasearon, admiraron e tamén mercaron pezas
nestes postos artesanais que ofrecían moitos e moi diversos produtos. A
concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, xunto coa Concelleira de
Servizos Socias, Teresa Vicente Baz, e representantes da Asociación de Redeiras,
visitaron o mercado e decidiron entregar dous diplomas. Un ó stand mellor
ambientado e outro o posto que presentaba os produtos de maneira máis axeitada.
O domingo, ademais, as condicións de vento permitiron que
a gamela tradicional adaptada “A Roncadeira” puidese navegar polo porto da
Guarda para ofrecer un “bautismo de mar” a persoas con mobilidade reducida.
O Concello de A Guarda pretende continuar con este tipo de
actividades en colaboración co clube deportivo “Alagua”.
Con este programación a Mostra das Tradicións Mariñeiras
despediuse ata a próxima edición, que espérase, a lo menos, sexa tan especial
coma a de 2015.
Ningún comentario:
Publicar un comentario