25 de maio de 2015

A GUARDA

CONCHI ORTEGA (CANDIDATA Á ALCALDÍA DE A GUARDA): "DADAS AS CIRCUNSTANCIAS ADVERSAS QUE EXISTÍAN, OS CONCELLEIROS CONSEGUIDOS SON DE VERDADE, CON VOTOS DE XENTE CONVENCIDA"


 Conchi Ortega, candidata á Alcaldía de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Logo de coñecer os resultados das Eleccions Municipais do pasado domingo en A Guarda, Conchi Ortega, candidata á alcaldía de A Guarda polo Partido Popular quere "(...) agradecer ao seu equipo o gran labor realizado durante a pasada campaña electoral". Asemade agradece "(...) aos militantes o apoio e o cariño recibido en todo momento". Tamén "agradece aos votantes que confiaron nela e no seu equipo, a súa participación nos comicios". Sabe que "(...) dadas as circunstancias adversas que existían, os concelleiros conseguidos son de verdade, con votos de xente convencida (...)", do cal está moi orgullosa. 

 Afirma que tiveron "(...) moitos elementos en contra, os personalismos e intereses de xente que abandonou o partido para encabezar outro, aínda que o negou ata o último día, e a pesares de que se lle ofrecera formar parte da lista dos Populares". Según Ortega, "(...) a infamia e as mentiras que se verteron na campaña por ese grupo e por outros, como que tiña cerrado un pacto de goberno con certa formación, o cal é rotundamente falso". Manifesta que "(...) o único pacto que tiña era co seu programa electoral, nada mais, o resto foron argucias e mentiras".  

 Conchi engade que rematou a campaña e agora sí pode "(...) desmentir rotundamente ningún pacto, que foi unha infamia, que na campaña só quixo falar de propostas, que é o seu estilo, non quería confrontación, non quería entrar a desmentir todos os disparates e descalificacións que se fixeron sobre ela e sobre o seu equipo, era tempo de construir, e non de destruir".  

 Dice que aínda así, o feito de non gañar as eleccións é responsabilidade únicamente dela, coma candidata e coma Presidenta da Xestora do Partido Popular de A Guarda. Nada máis saber os resultados, felicitou persoalmente ao candidato socialista pola súa victoria.   

 Finalmente Conchi remata dicindo: "Ahora somos cinco concelleiros ilusionados que loitaremos por A Guarda. Todos amamos este concello, e estou segura que a ilusión que todos temos a imos demostrar defendendo os intereses de todos os guardeses".

Ningún comentario:

Publicar un comentario