22 de maio de 2015

A GUARDA

CARMEN FRAGA ESTÉVEZ VISITOU Á GUARDA

O motivo principal da presenza da ex-secretaria xeral de Pesca Marítima foi para apoiar á Conchi Ortega, candidata á Alcaldía

Carmen Fraga Estévez - a dereita da imaxe - xunto a Conchi Ortega Martínez, no Monte Santa Trega

Infogauda / A Guarda

  Onte venres 22 de maio, estivo na nosa vila, Carmen Fraga Estévez, ex-secretaria xeral de Pesca Marítima e amiga persoal de Conchi Ortega Martínez, candidata do Partido Popular á Alcaldía de A Guarda. 

 Logo de visitar as instalacións portuarias, fixeron unha visita as redeiras e se entrevistaron con xentes relacionadas co mundo do mar. 

  Ao mediodía subiron ata o Monte Santa Trega, e poideron disfrutar das espectaculares vistas dende o monte. 

  Para Carmen Fraga o día foi especialmente emotivo, polo encontro con antigas amizades do seu pai.  

  Pola tarde acudiu ao homenaxe aos veteranos militantes do Partido Popular de A Guarda, que tivo lugar na sede dos Populares, e despois á festa-mitin final de campaña na praza de San Caetano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario