4 de mar. de 2015

VIGO

MÚSICA

O Funk máis potente do país soa este venres na Iguana! 

Priscilla Band

Minho Reggae / Vigo

 Priscilla Band son de Bilbao e cantan en castelán pero a seu funk nada lle ten que envexar á “música negra” dos setenta. Cun potente directo, os bilbaínos, presentan este venres, na sala Iguana, o seu segundo disco “Xalala Kale”. Un espectáculo único, con nove músicos riba do escenario, cos que non poderás parar de bailar. 

 O seu espazo natural é o escenario e así o demostraron os Priscilla Band na xira do seu debut, con máis de sesenta concertos e case dous anos de sala en sala. Agora repiten fazaña para a presentación das nove cancións que compoñen o seu segundo traballo. Un disco que definen como “deepfunk” totalmente “old school” que foi gravado integramente en analóxico nos estudos Funkameba de Madrid. Unha aposta polo funk de finais dos sesenta comezos do setenta con sons enérxicos, potentes e cheos de matices. 

 Estes bilbaínos veñen presentándonos a súa música dende o 2005, dende 2010 coa formación actual. En abril de 2012 publicaron “Olor a Fonk” a través do seu propio selo discográfico, Priscifunktoría. Un disco que tiña continuación en outubro do pasado ano, cando publicaron “Xalala Kale”. Segundo disco no que novamente se decidiron pola autoedición e que foi financiado a través de crowdfunding co apoio dos seus seguidores. Un traballo tocado en directo, gravado e mesturado de xeito analóxico. Nada de edición nin postprodución para conseguir, din, “un son vello e roto”. 

 Agora os Priscilla Band están somerxidos na xira presentación deste novo disco que os levará este sábado, 7 de marzo, até Vigo, nun concerto que promete ser un gran espectáculo, con nove músicos en escena, que converterán a sala La Iguana nunha gran festa grazas á forza e enerxía que imprime a súa música cunha frenética base rítmica, unha potente sección de ventos e o carisma e soltura do frontman da banda que convidan a non parar de bailar. Os bilbaínos chegan a Vigo cun espectáculo totalmente renovado onde interpretarán clásicos revisados, novas versións e os novos temas de “Xalala Kale”.

 A cita, este Sabado, a partir das 23,30 horas. O custe do billete de entrada é de 6 euros anticipado e 8 na propia sala.

Ningún comentario:

Publicar un comentario