A
DEPUTACIÓN AUTORIZA AO CONCELLO DE A GUARDA A APLICAR UNHA BAIXA PRODUCIDA NA PAVIMENTACIÓN DAS RÚAS, EN
MELLORAR OS CAMIÑOS DE AMIDO E SALGUEIRÓ
Infogauda / A Guarda
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán,
autorizou hoxe ao Concello de A Guarda a reinvertir 14.500 euros, procedentes
dunha baixa da renovación e pavimentación en diversas rúas da Guarda, na
mellora dos camiños de Amido e Salgueiró.
A Deputación de Pontevedra concedera 178.194 euros ao
Concello de A Guarda para renovar e pavimentar diversas rúas no casco urbán.
Unha vez adxudicado o contrato por parte do goberno gardés, produxose unha
baixa por importe de 14.500 euros que o goberno municipal manifestou o seu
interés en que fose aplicada na mellora dos camiños de Amido e Salgueiró.
A Deputación autorizou a aplicación desa baixa na mellora dos camiños de Amido e Salgueiró que, como a súa mellora tén un orzamento de
20.340 euros, serán financiados cos citados 14,500 euros da baixa mencionada e
5.840 de aportación municipal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario