3.200 PERSOAS DISFRUTARÁN DE ESTANCIAS EN BALNEARIOS DA PROVINCIA NO MARCO DO PROGRAMA SAÚDE E BENESTAR DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Poderán pasar 6 días e 5 noites en pensión
completa en balnearios da provincia a prezos reducidos
·
As
solicitudes superan en 199 as prazas ofertadas, pero as propias bases recollen
a posibilidade de ampliar o orzamento para dar cobertura a todos os demandantes
·
Os
balnearios máis demandados son A Toxa, Gran Talaso de Sanxenxo e o Talaso
Atlántico de Oia
·
O
programa vai dirixido a persoas maiores de 50 anos ou dedicadas ao coidado de
dependentes que precisen dun respiro familiar
Infogauda / Pontevedra
Un
total de 3.199 persoas solicitaron participar no programa Saúde e Benestar,
co que a Deputación de Pontevedra oferta aos veciños e veciñas da provincia a
oportunidade de disfrutar de 6 días e 5 noites en establecementos termais da
provincia a prezos reducidos.
Son
199 persoas máis que o total de prazas ofertadas inicialmente, pero as propias
bases do programa recollen a posibilidade de ampliar o orzamento para dar
cobertura a todos os demandantes.
O
programa vai dirixido a persoas maiores de 50 anos, xubilados, pensionistas ou
persoas que precisen dun respiro familiar e ten un dobre obxectivo: por unha
banda, busca fomentar o envellecemento activo e ofertar a este colectivo
oportunidades de descanso e de lecer a un prezo asequible, e, pola outra,
dinamizar o sector turístico, facilitando a actividade económica neste sector
en temporada baixa.
Nove balnearios ofertados
As
3.200 persoas que participarán no programa poderán disfrutar de 6 días e 5
noites en pensión completa, utilizando servizos do spa ou balneario elixido e
cun amplo abano de actividades de animación sociocultural. Ademais, disporán de
transporte desde o concello de residencia ata o establecemento elixido.
O
programa ofertaba prazas en 9 establecementos, sendo os máis demandados o Balneario
Illa de A Toxa, con 488 solicitudes; o Gran Talaso de Sanxenxo, con 275 solicitudes, o Talaso Atlántico de Oia,
con 272 solicitudes e o Talaso Louxo A
Toxa, con 252 solicitudes.
As
demais prazas distribúense entre os Spa Via Argentum de Silleda; Nanín Playa,
de Sanxenxo; Norat, de O Grove; Oca
Galatea e Carlos I Silgar en Sanxenxo .
Ningún comentario:
Publicar un comentario