AS VOSAS IMAXES
SEMELLA QUE XA NON SE RESPECTA NADA
Fotografías: José Carlos Castro Martínez
Infogauda / A Guarda
En tres imaxes -ás que amosamos xunto a este comentario - queda perfectamente reflectido o respecto que algúns teñen polo Patrimonio Histórico-Artístico-Monumental existente no Monte Santa Trega. Sen entrar a valorar outras cuestions, xa que non e ese o noso propósito, coidamos que nin todo vale, nin tampouco todo se debe permitir. Por iso consideramos que sería oportuno coñecer a valoración que sobor deses feitos deberían facer algúns persoeiros públicos con responsabilidade nese ámeto. Referímonos o de Patrimonio, evidentemente.
Que alguén amarre unhas cordas a unha das estacións do artístico Vía-Crucis na víspera da romaría da Festa do Monte Santa Trega, supostamente para colocar un toldo e poder abrigarse o día do xantar enxebre, e a día de hoxe, as cordas continúen amarradas o cruceiro, demostra moitas cousas.
Cada un que tire súas própias conclusións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario