O BNG inicia xestións na
busca dunha solución para a flota galega que faena en Cabo Verde
O BNG reclamará ante a Comisión europea e o Goberno español “unha
prorroga” do acordo de pesca para impedir que outras flotas, “que no cumpren os
requisitos”, faenen na zona
Imaxe da reunión da deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila e a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, cos representantes da Asociación de Espadeiros Guardeses - Foto: BNG
Infogauda / A Guarda
A deputada do BNG no Congreso,
Olaia Fernández Davila e a portavoz do
BNG en Europa, Ana Miranda mantiveron unha reunión cos representantes da
Asociación empresarial de Espadeiros Guardeses sobre a “grave situación” da
flota galega que faena en Cabo Verde e que afecta principalmente as
embarcacións procedentes dos portos da
Guarda, Vigo e Burela.
O sector trasladou ás representantes nacionalistas as “negativas consecuencias” da expiración do Protocolo de Pesca Unión Europea- Cabo Verde que remata o 31 de agosto e amosaron a súa queixa por non ter recibido ningunha información do Goberno español e da Comisión Europea negociadora. O acordo pesqueiro tivo varias roldas de negociación entre ambas partes, máis dende o mes de maio está parado por falla de entendemento.
Ante esta situación, as nacionalistas comprometéronse a iniciar xestións ante o Congreso dos deputados e a Comisión europea ao fin de acadar “unha prorroga” do acordo e impedir que outras flotas como a chinesa ou americana, que non cumpren os requisitos, “mediomabientais e laborais” podan faenar .
O BNG xa presentou unha iniciativa no Congreso e
dirixiuse hoxe mesmo aos responsables directos da negociación na Comisión
Europea "para reclamar información e pedir unha solución aos barcos
galegos que van ter que abandonar as
augas de Cabo Verde o vindeiro 31 de agosto" ,afirmou Ana Miranda.
A portavoz do BNG en Europa recalcou que o
acordo de pesca resulta “estratéxico” para a flota galega que faena
nas augas interiores de Cabo Verde, país que tamén se ve favorecido por esta
actividade e acordo.
Pola súa parte, a deputada no Congreso Olaia Fernández denunciou
o
“desleixo” do Goberno español e a inacción en defensa do sector e anunciou a presentación
de iniciativas parlamentares en Madrid co fin de buscar unha solución urxente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario