12 de ago. de 2014

BAIXO MIÑO

A ASOCIACIÓN SOS TOMIÑO BAIXO MIÑO CALIFICA DE "ACTITUDE EXEMPLAR" Á LABOR DO PÁRROCO DE FIGUEIRÓ


  A Asociación SOS Tomiño Baixo Miño quere por en valor o traballo que desenvolve o párroco de San Campio de Figueiró, en favor das familias necesitadas da comarca. 

 Dende a súa parroquia, recolle en forma de alimentos, axuda para colaborar cas 80 familias que son beneficiarias desta Asociación. A súa, é unha actitude exemplar. Dende o altar predica que o diñeiro que se vaia destinar a flores, que se marchitan en dous días, sexa doado para as persoas que o precisan. Ten unha caixa dentro do templo, onde os asistentes aos oficios relixiosos, poden deixar as súas doazóns. 
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario