12 de ago. de 2014

A GUARDA

¡¡¡BEIRARRÚAS VIRTUAIS!!!


Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal Converxencia Galega

 Despois de “pelexar” quenes debían estar na “inauguración” desta rúa, si os representantes do ¿¿Goberno?? Municipal ou os “representantes” do partido que manda na Deputación, o final, ¡¡tanto monta, monta tanto!! estiveron os dous  grupos, algún dos cales, os/as guardeses/as saben que existe, pois teñen un bó “figurín” para saír nas fotos.


 O que tanto criticaban úns estando na oposición, agora xa é modernismo e progreso, e os outros, sendo dos nosos de Pontevedra, non admitimos críticas e ben vidos os aplausos, namentras os/as guardeses/as do lugar polo séu “silencio complaciente” mandáronlle uns contenedores que teñen de todo  –nunca mellor dito, especialmente pegado- para uso e disfrute dos que queiran ser como algún membro da corporación, -nariz especialista en aromas- no séu caso como enólogo.
Somentes queremos engadir unha pregunta: ¿Por qué sitio pasan os veciños/as cun un mínimo de seguridade? ¿Os bolardos non son para protexelos entre o espacio deles e a parede cando circulan vehículos?


 O remate da tardiña, cando os compoñentes de grupos de gaitas, pandereteiras e corais se retiran do lugar, namellor non teñen moi claro as pezas que ensaiaron, pero sí os cheiros que reciben cada vez que abren as ventanas para aguantar os calores veraniegos.


  Dende Converxencia Galega, queremos disculparnos pola ironía que poñemos nos nosos escritos, pero é unha maneira suave de poder levar e soportar a “desfeita” que está aturando e sufrindo A Guarda –alomenos iso é o que dí o pobo- (frase moi usada por algún representante do PSOE, como bó profeta cando a súa cobardía o leva a non dar a cara nin a súa opinión persoal, escondéndose detrás do “pobo”).

 Consideramos que as imaxes son o suficientemente elocuentes como para engadir nada máis a este acontecer diario de retraso e retroceso que estamos soportando estoicamente os/as guadeses/as dende o inicio desta lexislatura. 

A Guarda, a 31 de xullo do 2.014.

Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu” 
Responsable Local de Converxencia Galega        

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario