OPINIÓN
¡¡AS MEDIDAS DE SEGURIDADE SON PARA OUTROS!!
Despois de pasada a Festa da Langosta, lóxicamente toca desmontar tada a parafernalia que foi instalada para a mesma. Isto é o normal, o igoal que o é que o persoal vinculado o Concello o faga, pero iso sí, cumplindo a Lei e cas medidas de seguridade que sexan precisas para ese traballo.
Foinos remitido un lote de fotografías que a verdade non teñen desperdicio, tódalas irregularidades que se queiran imaxinar están plasmadas nesas fotos, e iso sen entrar en outros “asuntos” ¡¡de película que quen debe velar pola seguridade nas obras non se enteire de como se fai na Casa Grande!!
Entre as imáxenes, podemos observar como na retirada dos carteis da Festa da Langosta, se fai uso do vehículo municipal matrícula 4427 CGX asignado o Departamento de Electricidade (non sabemos se o persoal que o usa depende dese servicio), o cal vai circulando levando un operario dentro da cesta elevadora, infrinxindo non só a Normativa de Seguridade e Saude Laboral, senón tamén a Lei de Circulación Vial.
Esa é unha, perto hai máis, por exemplo, que non se fai uso dos chalecos reflectantes, ou cando se para a veira dunha farola, esquecen colocar o triángulo varios metros como advertencia os demais vehículos. ¿A Policía Local tan activa nas Zonas Azules non se percatou destas irregularidades ou por ser da casa non se teñen en conta?
Xa non queremos facer referencia a falta de arnés, ou a falta de seguridade cando nas imaxes vemos como un dos operarios se sitúa mesmo debaixo da cesta elevadora sen ningunha medida de seguridade.
¿Qué medidas tomará o Concelleiro Delegado-Liberado de Tráfico? ¿Serán “suposicións” a xustificación do Delegado Sindical da empresa chinesa?
Como sempre, dende Converxencia Galega, por unha parte agradecemos a quen nos remitiu ditas fotografías para dar testimuña de deixadez e abandono do Equipo de Goberno Municipal do Sr. Freitas, pero tamén para que os/as guardeses/as teñan probas da veracidade dos feitos denunciados.
A Guarda, a 10 de Xullo do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Tráfico
Sr. Concelleiro de Persoal
Concello de A Guarda
Que vergoña, que vergoña. Guardeses, ou que se fan chamar asi, denunciando a outros guardeses por facer o seu traballo. Non se denuncian outras ilegalidades como o 24h, e vai un compañeiro, que tamen traballa na cousa publica e saca fotos de outros compañeiros.
ResponderEliminarPareceme ben. O aspirante a bombeiro que sacou as fotiños deberia primeiro mirarse ó espello porque el tampouco está libre de cometer esas imprudencias.
E o blogueiro Xose Maria que se esforce un pouco mais en facer lexibles os textos, que as veces hai que esforzarse moito para saber que c*rall* quere decir. Ou que use o castelán que se lle da bastante mellor.