26 de mar. de 2014

A GUARDA

O BNG apoia a moción presentada na Guarda pola CIG sobre medidas de creación de emprego na Galiza

Infogauda / A Guarda
 O Bloque Nacionalista Galego apoia moción presentada pola CIG “sobre a proposición de lei, por iniciativa lexislativa popular, de medidas para a creación de empresgo na Galiza”. A formación nacionalista asumiu a defensa da moción no próximo pleno de marzo.
 O BNG reitera o apoio á moción polo convencemento de que esta Lei axudará a sentar as bases para un desenvolvemento económico e social máis sustentábel e suporía un aumento do emprego. E unha mellora de dereitos sociais e da calidade de vida da maioría da poboación.
 O BNG considera que o camiño que estiveron a recorrer tanto PSOE como PP baseado en políticas de recortes e de austeridade e que levaron ao emprobecemento na sociedade galega, teñen o contrapunto en medidas como as que se proxectan na moción presentada pola CIG.
Dende o BNG levamos anos dicindo que outro xeito de facer política. Unha política na que os mercados sirvan ao pobo e non o pobo aos mercados, sinalou o portavoz municipal Xan Lois.
 O BNG sempre actuou a carón das maiorías sociais e enfrontándose ao capital. As medidas presentadas pola CIG son un bo exemplo de que outra política é posíbel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario