26 de mar. de 2014

A GUARDA

O BNG na Guarda solicita a derrogación das leis contra os dereitos das mulleres

Infogauda / A Guarda
 O Bloque Nacionalista Galego solicita o apoio á moción “pola derrogación das leis contra as mulleres”.
 Para o BNG os discursos neoliberais actuais necesitan inocular un valor patriarcal como é a da ficticia protección da maternidade. Non o dereito a maternidade das mulleres nunha sociedade igualitaria. A linguaxe do traballo escaso e a necesidade de que as mulleres continúen a facer as tarefas de coidado nun momento de recortes dos servizos públicos están presentes continuamente.
O goberno galego con Feijoo á cabeza decidiu eliminar a corresponsabilidade do seu ámbito de actuación, reducir os orzamentos en políticas e de conciliación e adoptar medidas falsamente natalistas, como a aprobación da Leid de apoio á Familia e a Lei de apoio á muller embarazada.
Estas leis significan un retroceso nos nosos dereitos e nas políticas de igualdade dos últimos anos”, sinala Hortensia García Díaz, concelleira do BNG.
 O BNG solicita a derrogación dos dos textos lexislativos, como Lei de apoio á muller embarazada ou a Lei de apoio á familia e a convivencia de Galicia, por non dotaren de servizos nin recursos ás mulleres que queren exercer o seu dereito á maternidade e por suporen un retroceso de décadas na igualdade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario