O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA INTERPELA O GOBERNO LOCAL SOBOR DO CANON DE
SANEAMENTO NA EDAR DE A GUARDA
Trala
posta en marcha da Estación Depuradora de Augas Residuais do Concello de A
Guarda, acometeuse a instalación de
recollida de augas do Concello de O Rosal en Pías para ser tratadas en dita
E.D.A.R.
Despois de distintos protocolos de Augas de Galicia e os Concellos
implicados, así mesmo, o Concello de O Rosal, está estendendo as súas
instalacións de recollida de augas residuais, polo que incrementa os vertidos
hacia a EDAR, namentras o canon estipulado sigue manténdose inalterable, e o
imposto da Xunta de Galicia se eleva o incrementar o volumen de auga depurada,
a custe do Concello de A Guarda.
A todo o anterior, debemos engadir que os custes de electricidade para o
sistema de bombeo se teñen incrementado –e en bastante porcentaxe- a abonar
polo Concello de A Guarda.
Así mesmo, o paso do tempo provoca que as reparacións e gastos de
mantenemento da depuradora estén aumentando dún xeito significativo, namentras
a cifra a abonar por parte do Concello de O Rosal sigue manténdose nas mesmas
cantidades.
Diante desta situación, vimos a solicitar:
a).- Copia do convenio de uso da Estación Depuradora de Augas Residuais
asinado polos Concellos de A Guarda e O Rosal.
b).- Copia das certificacións dos abonos de o Concello de O Rosal nos
últimos CINCO (5) ANOS polo uso da mesma.
A
Guarda, a 15 de Octubro do 2.013
Rexistro de Entrada nº 5596
Data de Rexistro: 15.10.2013
Beatriz Estévez Álvarez
Concelleira de Converxencia Galega
Sr.
Alcalde-Presidente
Sra/o.
Secretaria/o
Sra/o.
Interventora/o
Sra/o.
Tesoreira/o
do Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario