ANABAM SUSPENDE Á ANDAINA ORNITOLÓXICA DO DOMINGO DÍA 20 DE OUTUBRO
Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) / A Guarda
ANABAM comunica a tódalas persoas interesadas, que a ANDAINA ORNITOLÓXICA prevista para este domingo 20 de outubro, queda suspendida ata novo aviso, debido ás previsións de chuvia para dito día. Dado que a maior parte dos que ían asistir non son observadores habituais de aves, consideramos que as condicións meteorolóxicas non van ser as mellores para iniciarse no mundo das aves, en consecuencia preferimos realizar esta actividade cando o tempo mellore. Agradecemos o interese das persoas que tiñan previsto asistir a esta xornada e esperamos contar con elas cando volvamos convocar este evento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario