MILES DE PERSOAS ACUDEN A VER AS COMPARSAS DO DESFILE DE ENTROIDO DE TOMIÑO
O “Venres de Foliada” é un dos desfiles máis multitudinarios da comarca
Miles de persoas acudiron onte a ver o Entroido "Venres de Foliada" en Tomiño.
O desfile reuniu, na súa XVI edición, a 1500 persoas so nas comparsas e carrozas participantes.
Coma noutras edicións, estiveron presentes as comparsas más importantes da vila, entre as que se atopaban Revolución Show, Estrelas da Noite, Luces de Tomiño e Os Terribles de Tebra, así coma outras procedentes non so do municipio, senón tamén doutros puntos da comarca e do sur de Galicia (Salceda, Mos, Vigo, Matamá, San Xenxo, Soutomaior, Pontevedra, etc.).
A saída do desfile, desde a zona próxima ao colexio Pedro Caselles, foi puntual, tal coma estaba previsto.
O Venres de Foliada é un dos desfiles máis multitudinarios da comarca. Grazas ao bo tempo destes días, o público acudíu de forma masiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario