O Entroido da parroquia de Goián, un dos máis tradicionais da zona, comeza esta fin de semana, aínda que o desfile principal terá lugar o martes 12. A comisión organizadora prepara un ambicioso programa que comezará o vindeiro domingo, co desfile dos nenos e nenas e xogos na praza do pobo, e rematará o mércores 13, co Enterro da Taíña. Treboadas e orquestras amenizarán as catro xornadas de festa.
A maior particularidade deste Entroido é que segue conservando o seu caracter netamente popular. Exemplo diso é que a vintena de carrozas e comparsas participantes so saen pola vila, sen asistir a outros desfiles. Moi característica é tamén a Carreira de Carretillas con condutor e acompañante, celebrada o domingo ás seis da tarde.
Para ter todo a punto, traballan dende hai máis de tres meses preparando as carrozas e os actos complementarios. A comisión conta coa colaboración de voluntarios para a recolección de fondos e produtos para a sopa de cocido que se sirve ao remate do desfile para todos os asistentes.
O recinto de festas estará cuberto cunha gran carpa e os catro días haberá animación a cargo da Treboada “Os da Fonte do Frade”.
Programa de actos
Domingo 10 de febreiro:
12.00 hs. Desfile dos nenos e nenas.
16.00 hs. Xogos na praza.
18.00 hs. 3ª carreira de carretillas. (Premio á mellor tuneada, mellores disfraces e 1º, 2º e 3º clasificado).
21.00 hs. Verbena con Ciudacristal e Solamérica. (Durante a verbena, entrega de premios aos mellores disfraces).
Luns 11 de febreiro:
09.00 hs. Acude a percorrer o pobo cos gaiteiros.
13.00 hs. Gran Tortillada
21.00 hs. Verbena con Marazul e Ciudad de Vigo.
Martes 12 de febreiro:
13.00 hs. Tradicional Cocido
17.00 hs. Gran Desfile de Carrozas.
Ao remate dos desfile: Sopa para todos.
21.00: Verbena con Alvein e Acirema.
Mércores 13 de febrero:
19.00 hs. Enterro da Taíña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario