- 21-O: Alternativa Galega de Esquerda estrea a campaña no Val Miñor cun acto na praza de Abasto de Baiona.
- 21-O: O BNG prepara o seu mitin central en Gondomar e unha charla sobre a situación do ensino.
- O reloxo da torre da casa do Concello de Gondomar volve a funcionar despois de dous anos.
- Baiona lanza a "1ª Ruta de Pintxo: Baiona d`Pintxos”
- Detidos dous mozos por robar 9 motos no Val Miñor e Vigo
- Avelaíña convoca á “Marcha Saudable” que desenvolverá este mércores no Día Mundial da Saúde Mental.
- Accidente automobilístico na PO-331 á altura do quilómetro 17 no carril Gondomar – Vincios.
- A Deputación abre tres obradoiros gratuítos para pequenos comerciantes cara ás ventas do Nadal.
- Volve o Contomar de Espazo Lectura en Gondomar
- Logo da segunda marcha de protesta intensificase o debate no seo do colectivo de usuarios do carrilbici.
- O Partido Popular inicia a campaña no Val Miñor con dúas visitas de Louzán e Hernández a Sabarís e Panxón.
- As moas picadas do Barça
|
Posted: 08 Oct 2012 03:22 PM PDT
A coalición electoral formada pola agrupación nacionalista ANOVA e Esquerda Unida, estrea a campaña electoral na bisbarra cun acto este vindeiro mércores 10 de agosto na Praza de Abastos de Baiona. O acto político dará comezo ás 20:30 horas no "Multiusos Angel Bedriñana" no citado edificio. Durante o mitin presentaranse as propostas de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), por parte dos candidatos pola provincia, Xosé Antonio Araúxo (ANOVA- Gondomar), José Cuevas (EU- Nigrán), e pechará o acto o historiador e arqueólogo nacionalista Xosé Lois Vilar.
|
|
Posted: 08 Oct 2012 02:37 PM PDT
-Carlos Aymerich e mais Guillerme Vázquez presidirán o mitin do BNG deste mércores en Gondomar.
-Os candidatos nacionalistas por Pontevedra estarán na Casa da Cultura de Gondomar, presentando oprograma do Bloque para as autonómicas do 21-O, este mércores 10 de outubro ás 20 horas.
- O martes 9 de outubro o BNG realizará unha charla-coloquio dirixido ás ANPAs do Val Miñor, no Centro Neural de Gondomar.
|
|
Posted: 08 Oct 2012 01:53 PM PDT
Os veciños de Gondomar volverán a escoitar o característico toque de campá do reloxo que dende o ano 1906 preside a casa consistorial do municipio. A intervención dun equipo de profesionais contratados pola administración, logrou pór en funcionamento ao mítico aparello que novamente dará as horas cun toque das 8 da mañá até a media noite, segundo informou o Concello. O reloxo, que levaba máis de dous anos parado, fora doado a Gondomar polo "indiano" e fillo do municipio Manuel Losada Carrera.
|
|
Posted: 08 Oct 2012 11:40 AM PDT
Outono será a tempada "D' Pintxos" en Baiona. A Concellaría de Turismo e mais a asociación de comerciantes ACEBA, anunciaron nesta xornada a creación dunha ruta gastronómica outonal que se desenvolverá dende o 8 de novembro ao 2 de decembro. A mesma terá por obxectivo dinamizar esta estación de tempadabaixa, segundo os organizadores, e para iso convidan aos locais da zona a participar da "1ª Ruta de Pintxos: Baiona d'Pintxos" inscribíndose no Departamento de Turismo de Baiona.
|
|
Posted: 08 Oct 2012 07:56 AM PDT
A Garda Civil detivo a dous mozos de 18 e 19 anos como supostos autores do roubo de nove ciclomotores no Val Miñor e Vigo, entre finais de agosto e setembro.
A un dos detidos, J.V.S., impútaselle ademais un delito contra a seguridade viaria ao conducir as motos sen licenza nin carné e provocar un accidente en Baiona no que causou danos en dous vehículos e logo deuse á fuga.
|
|
Posted: 08 Oct 2012 04:18 AM PDT
A Asociación Avelaíña participará do Día Mundial da Saúde Mental, organizado unha "Marcha Saudable" o vindeiro mércores 10 de outubro. A mesma sairá d'A Ramallosa ás 10 horas e percorrerá a bisbarra durante unha hora até arribar á Praza do Concello de Baiona. A esa hora lerase o manifesto "Toda unha vida para mellorar" e terá lugar un concerto de Xerock.
|
|
Posted: 08 Oct 2012 04:04 AM PDT
Minutos antes das 9:00 da mañá deste luns, tivo lugar un accidente á altura da curva existente no quilometro 17 da PO-331, no carril que circula dende Gondomar cara a Vincios. Un turismo azul envorcou por razoes aínda descoñecidas, sen provocar lesións de gravidade na súa única ocupante. A muller de 35 anos foi atendida por unha ambulancia asistencial, pero a mesma pediu o alta voluntaria, segundo informan os servizos de emerxencia.
|
|
Posted: 08 Oct 2012 03:32 AM PDT
A Deputación de Pontevedra lanzou hoxe unha convocatoria para autónomos e pequenas empresas do eido comercial de tódala provincia, cara a un conxunto de obradoiros gratuítos de formación dentro do programa "Vender máis Nadal" . O talleres desenvolveranse nun "espazo inspirado nun escenario de vendas real", montado na nova aula-taller de formación que a Deputación de Pontevedra vén de habilitar no 2º andar do Edificio administrativo.
|
|
Posted: 08 Oct 2012 03:06 AM PDT
Este próximo luns ao Contomar de Espazo Lectura chegarán, entre outras, as historias de Chocolata, Rita ou Non quero ser un polbo, que nos permitirán achegar aos máis pequechos a sentimentos tan importantes como a amizade, os afectos ou a autoestima. A cita será ás 18:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenos e nenas de máis de 3 anos e as súas familias.
|
|
Posted: 08 Oct 2012 02:43 AM PDT
A segunda marcha de ciclistas en protesta polo actual trazadado do carrilbici Vigo – A Gardacongregou novamente perto de 200 persoas. O percorrido de case 3 horas tivo momentos de tensión cando a Garda Civil intentou que os ciclistas fixeran unha fila de a dous,cousa que algúns manifestantes rexeitaron. O colectivo marchou provocando o malestar dos automobilistas que viron obstaculizado o tráfico. O debate polas características da marcha xa se instalou nas redes dende a tarde do domingo, onde varios participantes reclaman maior organización nas vindeiras actividades e outros salientan a necesidade de maior compromiso dos usuarios do carrilbici nas protestas.
|
|
Posted: 08 Oct 2012 01:54 AM PDT
|
|
Posted: 07 Oct 2012 09:31 PM PDT
O equipo liderado por Ronaldinho foi o primeiro persoal de elite en someterse a un estudo a fondo da súa saúde dental, decisiva no rendemento deportivo.
“Ninguén ten dentes tan lindos e ninguén é tan lindo como eu. Por que habería de rirse alguén destes dentes preciosos? Hai até quen a ama”. En 2006, Ronaldinho estaba crecido: gañárao todo. O seu peculiar sorriso xa non era tanto un motivo de sorna e até os nenos de Brasil negábanse a arranxarse a boca no dentista para parecerse ao seu ídolo o Gaúcho.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario