Cayo Lara chama o electorado galego a “non deixarse enganar pola propaganda do PP”
O Coodenador Xeral de Izquierda Unida participou nun mitin en Vigo para dar soporte á Alternativa Galega de Esquerda. Yolanda Díaz denunciou que “Feijóo destruiu 153.000 postos de traballo durante o seu mandato”. Este sábado noutro mitin de AGE, no concello de Teo, Beiras advertiu ao PP de que “non se pode traizoar o pobo sen consecuencias”.
Poucos días despois da visita de Llamazares a Galiza, para a presentación do programa en materia de saúde de AGE, desta volta foi o Coordinador Xeral de Izquierda Unida, Cayo Lara, o que aterrou no noso país para dar soporte á candidatura da Alternativa Galega de Esquerda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario