O XOVES, 11 DE
OUTUBRO, ÁS OITO DA TARDE, A ESCRITORA MARGA ROMERO PRESENTARÁ NO CENTRO SOCIAL
FUSCALHO (A GUARDA) O XORNAL SERMOS
GALIZA
Marisa Guerra / A Guarda
O semanario
SERMOS GALIZA é o único medio de comunicación escrito en galego que podemos
atopar nestes momentos nos quioscos. Naceu grazas á iniciativa dun grupo de
persoas vinculadas ao mundo da cultura e da comunicación, que decidiron actuar
para pór fin á gravísima situación na que nos atopabamos hai uns meses, en
Galiza non tiñamos a posibilidade de ler ningún xornal escrito na nosa lingua.
Marga Romero forma parte do grupo
promotor e tamén do consello de administración do periódico. Ela falaranos da
necesidade de contarmos con medios de comunicación escritos e pensados en galego
e para Galiza.
Este acto é a
primeira das actividades organizadas pola Asociación cultural VELA AO VENTO,
que nace na Guarda co obxectivo de traballar pola defensa da nosa lingua, do
noso patrimonio cultural e natural, ao coñecemento da nosa riqueza e o apoio á
creación da mesma. Esta asociación está
aberta á participación de todas as persoas que compartan estes obxectivos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario