1 de maio de 2012

A GUARDA


CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA VARIAS PRESUNTAS IRREGULARIDADES POR PARTE DE ALGÚNS FUNCIONARIOS MUNICIPAIS DE CARREIRA DO CONCELLO DE A GUARDA

Por exemplo no ano 2.008 a titular da Secretaría do Concello da Guarda disfrutou de 47 días de vacacións, 17 días por riba do sinalado por Lei


Nestas últimas semanas CONVERXENCIA GALEGA estivo revisando tódolos diferentes Decretos da Alcaldía dos anos 2.007 a 2.011 do Concello da Guarda, nos que se sinala a  ausencia dos funcionarios de habilitación nacional dos Departamentos de Tesorería, Intervención e Secretaria), a designación dos suplentes, con especial fincapé na categoría e titulación académica pertinente para poder desempeñar dita función mentras dure a ausencia do citado persoal.
                Pero tras revisar toda esta documentación atopamos a sorpresa que este persoal funcionario de habilitación nacional ven abusando de certos dereitos laborais, que lle son propios, e sobrepasando os límites legais sinalados. Por exemplo no ano 2.008 a titular da Secretaria do Concello da Guarda disfrutou de 47 días de vacacións, 17 días por riba do sinalado por Lei; pero o ano anterior xa disfrutou de máis días dos que legalmente lle corresponde, e no ano seguinte, no 2.009 voltou a disfrutar de máis días do legalmente sinalado,... É evidente que hai una intención premeditada de actuar desta maneira.
                Sabemos que os funcionarios teñen o dereito, recoñecido por Lei, a disfrutar dunha serie de días para asuntos propios, para atender asuntos privados. No caso da titular da Secretaria do Concello da Guarda, vemos que na maioría dos anos disfruta de días de asuntos propios, moi por riba do que legalmente lle corresponde. Tras facer un reconto miudo, atopamos que a titular da Secretaria do Concello da Guarda disfrutou entre 2.007 ó 2.011 de 58 días de vacacións e de asuntos propios que non lle correspondían legalmente, días que son remunerados.
                Algo similar acontece coa titular do servicio de Intervención do Concello da Guarda; tamén excedese sobre o límite legal dos días de vacacións, temos como exemplo o ano 2.009 onde disfrutou de 39 días de vacacións. Pero tamén acontece algo similar cós días de asuntos propios, así no ano 2.010 cuadruplicou os días que legalmente lle corresponden por este concepto. Tras facer un reconto miudo, atopamos que a titular da Intervención do Concello da Guarda disfrutou entre 2.008 ó 2.011 de 40 días de vacacións e de asuntos propios que non lle correspondían legalmente, días que son remunerados.
                Resulta evidente con todos estes datos, que o grupo de goberno do Concello da Guarda non exerce un control sobre os horarios de traballo, descanso, periodo vacacional,... dos seus empregados. Nunha das alegacións que fixemos ó orzamento do 2.012 xa espuxemos a necesidade de establecer medios de control sobre os horarios de traballo do persoal municipal. Pero o PSOE, PP e BNG non están pola labor de establecer medios de control sobre os horarios do persoal, períodos de descanso, períodos vacacionais,... polo tanto en certa medida eles son cómplices destes abusos que realizan certos empregados, ou como mínimo consentidores dos mesmos.
                Entendemos que este descontrol sobre o persoal, esta xerando que certas actitudes poideran ser motivo de sanción disciplinaria de acordo coa Lei do Estatuto Básico do Empregado Público; ó ser un posible motivo de falta disciplinaria grave, xa que a xornada laboral incumprida acumula un valor de +10 horas; así mesmo hay unha serie de accións evidentes que están dirixidas a impedir que sexan detectados estes incumprimentos inxustificados da xornada laboral; ademáis dende o Grupo de Goberno non se instalan os medios de control dos horarios de traballo, que sinala a Lei.
                 Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos de pedir ó Concello da Guarda que todos estes excesos de días de vacacións e de asuntos propios que certo persoal disfrutou, moi por riba do legalmente sinalado; sexa devolto polos infractores en tempo de traballo, renunciando o período vacacional deste ano,  máis tempo de traballo, ou optar pola devolución do cobrado dun xeito irregular, xa sexa vía retención dunha parte salarial durante un período determinado, ou renuncia a unha parte proporcional das pagas extraordinarias; pois no caso da titular da Secretaria son 58 días e no titular da Intervención son 40 días; e estaríamos falando de cantidades superiores ós 15.000€.  
       Así mesmo seguiremos coa laboura de fiscalización e transparencia sobre os empregados municipais, pois só acabamos de empezar e vemos que as irregularidades xa veñen de varios anos para atrás, có cal hai indicios de que isto non foi un suceso puntual e extraordinario, senon todo o contrario e unha forma normal no proceder de certos empregados municipais, pois en certo xeito contan coa pasividade do control dos cargos políticos, que pechan os ollos ante estes abusos.

A Guarda, 30 de abril do 2.012
                                                                                                                                                                               
  
Xosé María Martínez Rodríguez


REXISTRO DE ENTRADA Nº 2493

DATA:30-04-2.012

Ningún comentario:

Publicar un comentario