11 de abr. de 2012

GALICIA

LEO BASSI VOLVE A GALICIA CON “THE BEST OF” 



O Festival Internacional de Clown de Galicia, FESTICLOWN e o colectivo Pallasos en Rebeldía son as entidades encargadas de organizar, xunto con Leo Bassi, esta nova xira que trae ao mellor bufón do mundo novamente a Galicia.
  



Datas da xira:

Santiago de Compostela (12 de abril), As Pontes (13 de abril) e Cangas (15 de abril), serán as cidades que acollerán o espectáculo THE BEST OF do xenial artista italoamericano Leo Bassi. Ademais participará en 2 galas solidarias con Palestina en Cee-Corcubión (14 de abril) e en Ourense (o 16 de abril, dentro da programación da MITEU) xunto con moitos máis artistas do mundo do circo, a música, o teatro...

Leo Bassi repasará nesta ocasión o mellor da súa carreira cun espectáculo de aproximadamente unha hora e media de duración no que poderemos gozar co herdeiro dunha estirpe de pallasos que fixo da risa un arma pacífica para o cambio. Tocará temas como a banca, a relixión, a dereita, o capitalismo... en defensa dunha sociedade máis xusta, igualitaria e divertida.

Leo Bassi, amado ou odiado polo bufón que é, nunca buscou o consenso como artista ou como home. A súa arte, libre de convencións, ofrece ao público unha experiencia apaixonante, sensacional e estremecedora, onde a provocación é unha linguaxe e non un propósito

De orixe italiana, pero con sangue inglesa e francesa, Leo Bassi provén dunha familia de artistas e humoristas que se remonta a seis xeracións. A súa herdanza máis antiga remontase á época de Garibaldi (na metade do Século XIX). O seu pai traballou durante anos en EEUU xunto a personaxes tan célebres como Groucho Marx ou Ed Sullivan. Durante esta época naceu Leo, en 1952.

O obxectivo de Leo non é manter unha tradición teatral, Bassi é unha persoa cunha ideoloxía comprometida e implicada cun humor provocador, fora do común. Para Bassi, o teatro é unha plataforma para expoñer as súas ideas, unha escusa para poder criticar as inxustizas e establecer unha loita a súa maneira “ao modo Bassi”. 

PREMIOS:
Premio OBIE Off Broadway Award, New York
Premio FAD de Barcelona
Premio Festival de Amendola, Italia
Premio Nariz de Oro, Barcelona
Premio de Teatro Tondela, Portugal
Premio de Teatro Puerto Montt, Chile
Premio Moers Comedy Festival, Alemania
Premio Just For Laughs Festival, Montreal, Canadá





ENTRADAS XA A VENDA:

-As Pontes – Auditorio Municipal “Cine Alovi” – 13 de Abril – Entradas anticipadas na Casa Dopeso (1º andar) - As Pontes

-Cee (Corcubión) – Auditorio de Corcubión – 14 de Abril – Entradas anticipadas no teléfono 981 74 65 78 en horario de 10-13h e de 16-19h ou o día do espectáculo na Casa da Cultura de Corcubión

-Cangas – Auditorio Municipal – 15 de Abril –
Entradas anticipadas no teléfono - 981 582 836

- Ourense – Auditorio de OurenseEntradas na billeteira dende 2 h antes do espectáculo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario