
Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, Concelleira-Portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,
E X P O N:
Unha vez máis, e xa non sabemos cantas máis terán que ser registradas no Concello ou ir saíndo nos medios de comunicación, pero desgraciadamente, a maioría das notas teñen que escomenzar da mesma maneira, xa que a situación de deixadez e abandono do noso pobo refléxase na maioría das rúas e lugares guardeses dos que cunha simple ollada do que acontece o noso arredor, atopamos exemplos dabondo. De novo outro botón:
Agora tócalle a todos aqueles que acuden o Estadio Municipal, tanto da localidade como doutros pobos, aos que por calquer motivo visitan os centros educativos ubicados naquela zona, sin contar a cantidade de persoas que pasean polos arredores case a diario.
Durante uns anos, un grupo de veciños estiveron facendoxestións a fin de que se erixira un busto en recordo da súa mestra Dona Aurora, que logo foi instalado a beira do grupo escolar de A Sangriña, e dentro do adecentamento dese espacio, fixose a plantación de dóus árbores.
A día de hoxe, e ese é o motivo de queixa de varios veciños, que nestes momentos, máis parece un monumento a árbore que a quen foi adicado, xa que a falta de poda deles, impide que se poida ler a dedicatoria e moito menos o busto.
Por toda esta situación, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar a quen corrresponda para que dé as órdenes oportunas a fin de que se proceda da maneira máis urxente a podar as árbores e adecentar o lugar, non só donde está o busto adicado a Dona Aurora, senón tamén os arredores.
A Guarda, a 24 de Marzo do 2.012
Ningún comentario:
Publicar un comentario