17 de mar. de 2012

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN MEDIDAS DE APOIO OS AFECTADOS POLAS "PARTICIPACIÓNS PREFERENTES"


REXISTRO DE ENTRADA Nº 1470 do 16.03.2012

Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,

E X P O N:

Dende fai meses centos de galegos/as estánse movilizando o coñecer a realidade dalgúns productos que estaban comercializando as entidades bancarias, fundamentalmente as caixas de aforro, que se poñían no mercado con bastante opacidade dado o risco que enxendraban.

Nestes días, os Grupos Políticos con representación no Parlamento Galego veñen de poñerse dacordo para instar a Xunta de Galicia a promover solucións para os case 100.000 galegos atrapados nesta maraña financieira, fundamentalmente naquelas que logo viñeron a dar no Nova Galicia-Banco, buscando alternativas para que poidan recuperar o diñeiro depositado.

Asimesmo, tamén de maneira conxunta instan ao Banco de España e a Comisión Nacional de Valores a dar as autorizacións necesarias as entidades bancarias para facilitar esas medidas que ofrezan unha solución que signifique a “recuperación íntegra da inversión”

Por todo o exporto:

Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar para o séu debate e aprobación se procede a seguinte MOCION,

O Concello de A Guarda, en solidariedade cos veciños afectados polas “preferentes” e namentras as administracións e as entidades financieiras implicadas, retira de maneira inmediata as contas bancarias ata que den unha solución axeitada a este problema.

O Concello de A Guarda, solicitará a Mancomunidade de Concellos do Baixo Miño para que ela mesma e os concellos membros asuman a mesma medida.

A Guarda, a 16 de marzo do 2.012

Beatriz Estévez Álvarez


Sr. Alcalde-Presidente do CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario