26 de feb. de 2012

A GUARDA

PRETO DE 200 PERSOAS ASISTIRON A ASAMBLEA DE AFECTADOS POLAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES

Logo do éxito de asistencia no Centro Cultural dos afectados polo fraude das participacións preferentes, asistiron preto de 200 persoas, lembramos que as persoas que o desexen poden formar parte do GRUPO DE AFECTADOS do Baixo Miño, para iso poden facelo a través do correo electrónico: fraudeparpre@gmail.com, a través do Facebook ou chamando ao teléfono 616180557.

Só se nos unimos todos e nos mobilizamos, seremos capaces de conseguir que devolvan o que é noso.

Tamén lembramos que está prevista unha concentración para este martes día 28, no Rosal, en Caixanova. Que a esta concentración poden ir, e deberían ir, tódolos afectados, independentemente do banco ou da poboación onde se resida, xa que o martes será no Rosal e outro día pode ser noutra localidade do Baixo Miño. Temos que apoiarnos todos.

(Remitido)

Ningún comentario:

Publicar un comentario