
Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,
E X P O N:
O camiñar polas rúas do noso pobo cada vez se parece máis a unha carreira de obstáculos, xa que nalgún sitios hai que andar a saltos dada a cantidade de excrementos de cans esparcidos nas rúas.
Fai algún tempo dende o Concello se emitiu una nota nos medios de comunicación e se repartiron octavillas pedindo colaboración e dando un prazo de tempo, transcurrido o cal, se non había melloría se procedería a tomar algunas medidas disuasorias. A día de hoxe, nin una cousa nin outra, a situación, posiblemente empeorou, o que fai que as nosas rúas e xardíns, especialmente pola mañán (e nunca mellor dito) sexan unha “porcallada” (unha completa cagada).
Dende CONVERXENCIA GALEGA consideramos que non é posible nin se debe tolerar que un grupo reducido (posiblemente non cheguen o 10/15%) dos propietarios de cans teñan o pobo nas condicións en que se atopa, e correndo o risco de calquer tipo de problema sanitario.
Ademais, tamén debe ser tomado en conta que a deixadez neste problema por parte de quen debe cumplir a súa función de control e cumplimento das nomativas e ordenanzas tanto municipais e autonómicas sobre a presencia de animaisnas rúas sen correa e/ou sin bozal (especialmente aqueles declarados como perigosos) en lugares frecuentados por nenos e persoas maiores, a está expoñendo a un perigo innecesario.
A Guarda, a 11 de xaneiro do 2.012
Beatriz Estévez Álvarez
Sr. Alcalde-Presidente do CONCELLO DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario