MOCIÓN SOBRE AS DEVOLUCIÓNS CORRESPONDENTES ÁS LIQUIDACIÓNS NEGATIVAS DA PARTICIPACIÓN NOS INGRESOS DO ESTADO
Laureano Alonso e Carme Verde Diego, concelleiros do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, ao abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais, ROF (RD 2568/1986) e o resto da lexislación de réxime local concordante, Lei de bases de Réxime Local (LBRL) e de Procedementos administrativos (LPA) presenta ante o Pleno esta moción en base ás seguintes consideracións:
EXPOSICION DE MOTIVOS
O actual sistema de financiamento das entidades locais foi impulsado e aprobado polo PP e mantido polos gobernos do PSOE, o que nos aboca hoxe non só á minoración dun importante montante dos ingresos dos concellos senón a devolución das liquidacións negativas da participación nos ingresos do Estado (PIE), pondo en perigo o mantemento dos servizos públicos locais e á quebra económica e existencia dalgúns concellos.
Os efectos da crise, sumada a insuficiencia financeira crónica dos concellos, constitúe unha mestura explosiva que está a provocar dificultades para atender os servizos públicos
Pero ese modelo de financiamento local, que subordina aos concellos a unha existencia de sobresaltos e angustia económica, afecta tamén á participación da Xunta de Galiza na distribución dos recursos e emprega criterios discriminatorios co noso país ao non ter en conta factores como a dispersión dos núcleos de poboación e o avellentamento, factores estruturais que impiden un axeitado modelo de financiamento ás administracións públicas locais.
Non existen medidas reais para superar esta grave situación, simplemente exixen a devolución das liquidacións negativas da PIE de xeito mecánico e administrativo, levando a cabo medidas económicas que prexudican aos concellos e a sociedade en xeral, familias, traballadores e traballadoras. E desta situación son responsábeis tanto o PSOE como o PP que presiden gobernos con competencias e recursos para que a situación económica tome un rumbo diferente outorgándolle un papel distinto ás administracións e garantindo o seu funcionamento normal. Xa que logo, debe estabelecerse de xeito urxente un aprazamento na devolución da PIE, condicionando a devolución en todo caso a que non se poña en risco a suficiencia financeira dos concellos para atender servizos públicos básicos, e tamén unha revisión a fondo do sistema de financiamento local.
Os concellos galegos, que representan aproximadamente o 6,5 % da poboación do Estado español, receben un 5,27% da participación nos ingresos do Estado. Mentres os concellos de Galiza receben 176,54 euros por habitante, a media no conxunto do Estado recebe 221,07 euros. Así, queda patente que o financiamento dos concellos desde o Estado é insuficiente e inxusto: só ten en conta a poboación (75%) e o esforzo fiscal (25%) e non ten en conta que os custos dos servizos en Galiza son máis altos que no resto do Estado pola dispersión poboacional e o avellentamento da poboación. Neste sentido cómpre recordar que Galiza conta coa metade dos núcleos de poboación do Estado: 36.000; e que a dispersión encarece os custos da prestación dos servizos. É necesario reformar o financiamento local e incrementar a contía da participación nos ingresos do Estado. Así, débese integrar plenamente a transferencia da participación nos ingresos do Estado nos orzamentos da Xunta de Galiza, e esta transferencia deberá ter en conta o maior custo dos servizos en Galiza.
Por iso, solicitamos do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte
ACORDO
Instar á Xunta de Galiza a
1. A que demande do Goberno do Estado a elaboración un Plan que garanta o gasto corrente aos concellos e a acordar unha moratoria no pagamento das liquidacións negativas das cantidades recibidas da Participación de Ingresos do Estado (PIE).
2. A que, así mesmo, demande do Goberno do Estado a reforma urxente do financiamento local, de maneira que o novo modelo incremente a contía da PIE, e dita participación dos concellos galegos se integre plenamente nos orzamentos da Xunta de Galiza. Así mesmo, demandarase que o novo modelo teña en conta o maior custo dos servizos en Galiza, derivado da dispersión dos núcleos e do envellecemento da poboación.
3. Dar conta deste acordo ao Goberno da Xunta de Galiza e aos grupos parlamentares do Parlamento de Galiza.
Tui, 7 de decembro de 2011

Ningún comentario:
Publicar un comentario