O BNG do Rosal leva tres meses esperando por unha documentación solicitada á concelleira de Turismo
Recoméndalle a concelleira delegada de Sanidade e Turismo que renuncie a delegación se non é quen de asumir as responsabilidades inherentes a mesma
Infogauda / O Rosal
O BNG do Rosal cansou de esperar e de solicitar por escrito e en dous plenos documentación relativa á Memoria da Oficina de Turismo dos últimos anos. Así mesmo recoméndanlle a concelleira delegada de Sanidade e Turismo que renuncie ao cargo se non é quen de asumir as responsabilidades inherentes ao mesmo.
Tres meses de espera
Despois de tres meses de espera, o BNG quere facer público o seu malestar pola deixadez de funcións da concelleira delegada de Sanidade e Turismo, Mª de los Ángeles Vicente Manzano. “Ou asume as súas responsabilidades ou renuncia ou o Alcalde debería actuar, pois é coñecedor da situación”, afirman.
Segundo indican os nacionalistas, con data 20 de setembro de 2011, o BNG solicitou copias das memorias da Oficina de Turismo relativas aos últimos 4 anos, incluído o actual. Así mesmo, no pleno ordinario de outubro, a concelleira delegada de Turismo, manifestou que lles aportaría as copias solicitadas, salvo as do ano 2010 por que non había datos, ao non ser cuberta a praza de bolseiro de dita oficina.
O voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, manifesta que no último pleno celebrado o pasado día 3 de decembro, volveron reiterar a súa petición, ao que a concelleira volveu a responder con boas palabras. A día de hoxe, afirma, “aínda non nos foi entregada e xa pasaron case tres meses dende a primeira petición formal”, queixase o edil do BNG.
Así mesmo, os nacionalistas presentarán este luns unha nova petición por escrito no que,reclamarán de novo dita documentación. “Co fin de aforrar, e se así o estiman oportuno”, os nacionalistas facilítanlle o correo electrónico a onde pode remitir ditas copias, afirmou Alonso Pereira.

Ningún comentario:
Publicar un comentario