17 de dec. de 2011

A GUARDA

PRÁCTICAS FORMATIVAS EN EMPRESAS DO CURSO DE TÉCNICO/A EN COCIÑA ORGANIZADO POR ÉRGUETE BAIXO MIÑO


O grupo de participantes e Ramón, o profesor


Foto: Érguete Baixo Miño



O Curso de Técnico/a en Cociña dirixido a persoas desempregadas e con perfil profesional dentro do ámbito da hostalería e/ou restauración, comezou no mes de setembro cunha duración de 300 h.

Nel participan 9 persoas da Comarca do Baixo Miño e enmárcase dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño.

Durante decembro e xaneiro o alumnado está a realizar as prácticas formativas en centros de traballo cumprindo 120 h. máis, imprescindibles para obter o certificado. As empresas que colaboradoras son as seguintes:
Restaurante Area Grande, Abadía das Eiras, La Casa de la Abuela, As Brasas, Tu Menú, Casa Outeiro, Woody Pool, Restaurante Trasmallo e A Quinta do Ramo.

Esta actividade é impartida grazas á colaboración das cotas dos/as socios/as da Asociación, a Consellería de Traballo e Benestar –Secretaría Xeral de Política Social-, o Fondo Social Europeo, a Deputación de Pontevedra e o Concello de O Rosal.

Para máis información, contacta con nós na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) en A Guarda, no teléfono 986 614 407 ou no email:
info@erguete.org
Máis fotos en: facebook.com/Érguete Baixo Miño


Fonte: Érguete Baixo Miño

Ningún comentario:

Publicar un comentario