A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE GOIÁN CONVOCA O I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PAISAXÍSTICA DE GOIÁN
1.- A Asociación de Veciños de Goián convoca un concurso de fotografía baixo o lema “Goián e as súas paisaxes”. As paisaxes poderán ser tanto panorámicas urbanas (barrios, prazas…) como naturais (montes, campos, río, ...)
2.- Poderán presentarse persoas de calquera idade e nacionalidade, sempre que sexan autoras das obras presentadas.
3.- Poderán presentarse un máximo de 3 fotografías por participante (cor ou branco e negro). Estas fotografías deben ser propiedade dos participantes, orixinais e inéditas.
4.- Deberán consignarse os datos persoais, nome e apelidos, DNI, domicilio, teléfono, título da fotografía, data aproximada (debe ser durante o presente ano) e lugar de realización da foto.
5.- As fotografías serán entregadas no local da Asociación de Veciños, na baixada ao Regatiño os primeiros e terceiros luns de cada mes en horario de 20 a 21 h. ou mediante correo electrónico ao enderezo: aavvgoian@gmail.com cos datos expostos no punto 4.
6.- As fotografías entregadas, por entender que non son exemplares únicos, pasarán a formar parte do arquivo da Asociación de Veciños de Goián que poderá exhibilas soamente con fins culturais e sen ánimo de lucro.
7.- O prazo de recepción de traballos finaliza o 22 de decembro de 2011. A inscrición é gratuíta.
8.- Coas fotografías admitidas realizarase unha exposición pública nas escolas da praza, do día 26 de decembro ao día 6 de xaneiro.
9.- Premios. Establécense os seguintes premios:
1º premio: 50 euros
2º premio: 30 euros
3º premio: 20 euros

Ningún comentario:
Publicar un comentario