A XXV SEMANA CULTURAL DE PEDORNES: UNHA MOREA DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DE LECER
Informa: Manuel A. Pombal / Pedornes
Resumo do mércores día 16:
A proxección da película infantil comezou unha hora tarde porque se estragou a lámpada do proxector xusto cando íamos a iniciar a sesión. Tivemos que ir á Guarda a por outro proxector posto que non fomos quen de atopar un en Oia. De aí o retraso. Sentímolo, pero son cousas imposibles de predicir. Logo, foron poucos os nenos que aguantaron a película (había 6 para elixir); algúns preferiron gastar a arxila que sobrara do día anterior e puxéronse a modelar con ela.
O campionato de Dominó por parellas que tivo lugar a continuación tivo moita mais participación e, ademais. Levantou bastante expectación. Un total de 15 parellas ocuparon as mesas de xogo e foron eliminándose ata chegar á gran final. Rodeados de curiosos, a final caeu do lado dos participantes de Viladesuso. Tal e como aconteceu onte co tute, hoxe tamén houbo participantes das catro parroquias costeiras de Oia, aínda que con clara maioría de Pedornes.
Os que se acercaron ó centro cultural de Pedornes puideron seguir gozando de todos os xogos que temos, aínda que as cartas e o futbolín seguen a ser os que contan con mais adeptos.
Programa para o xoves día 17:
Hoxe comezaremos as actividades coa Decoración de botes con sal de colores ás 17.00. Cabe sinalar que cada neno que desexe participar nesta actividade deberá traer un bote de pequeno tamaño para decorar. A iso das 18.30 estrearase o documental titulado “A Valga Natural”, producido pola Asociación Naturalista do Baixo Miño. Neste interesante documental duns 25 minutos de duración elaborado por ANABAM faise un percorrido por algúns das características ambientais e paisaxísticas mais salientables da serra da Groba dentro dos límites do concello de Oia, no espazo natural coñecido como A Valga.
Despois do documental, celebrarase, por primeira vez na Semana Cultural de Pedornes un Campionato de Chinchón, no que poden participar grandes e pequenos. Ademais, durante toda a xornada seguiremos gozando con todos os xogos que temos dispoñibles, uns mais aptos para os cativos e outros pensados para os adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario