Fany Iglesias: “O Goberno de Zapatero nin prometeu nin fixo nada pola comarca de Baixo Miño”
Fany Iglesias, Irene Garrido, Paula Romeu e Paula Bouzós, fixeron balance das lexislaturas do Goberno socialista e a súa incidencia na comarca
· En materia de infraestruturas, Fany Iglesias salientou que a única e máis importante actuación realizada na comarca, correspóndelle a un goberno do PP, a vía de alta capacidade entre Tui e A Guarda, actualmente en execución.
· A frota pesqueira da Guarda veuse totalmente desamparada polo Goberno, que demostrou a súa incapacidade para defender os seus intereses e tamén os do marisqueo e da acuicultura no seo da Unión Europea”.
Infogauda / Tomiño
“O Goberno de Zapatero nin prometeu nin fixo nada pola comarca de Baixo Miño”, así resumiu a presidenta do PP da Guarda e deputada autonómica, Fany Iglesias, a incidencia do Goberno de España na comarca do sur da provincia. Iglesias fixo estas declaracións nunha rolda de prensa celebrada na sede do PP de Tomiño, na que tamén estiveron presentes as candidatas ao Congreso polo PP, Irene Garrido, Paula Romeu e Paula Bouzós.
Irene Garrido e Fany Iglesias incidiron nos incumprimentos do Goberno de Zapatero coa comarca de Baixo Miño. “Un balance totalmente negativo no que a comarca de Baixo Miño se refire, e que non difire do trato que lle deron desde o Goberno central á nosa comunidade autónoma”, apuntou Iglesias.
Iglesias fixo este balance apoiándose en 3 eixes fundamentais: política de emprego, política pesqueira e infraestruturas.
O desemprego na comarca, que lle afecta a un total de 5440 persoas, é dun asuntos que máis lle preocupa ás populares, xa que desde o ano 2004 o número de parados aumentou en 2400 persoas.
“Unhas cifras nunca vistas e que falan por si soas, amosando ata onde chegou a mala xestión e a falta de políticas activas de emprego do Goberno”, afirmou Iglesias. Que recordou ademais a reunión mantida no 2008 dos voceiros populares con César Ares para alertar das cifras de desempregados que tiña a comarca naquel momento.
En materia de infraestruturas, Fany Iglesias salientou que a única e máis importante actuación realizada na comarca, correspóndelle a un goberno do PP, ao Goberno da Xunta de Alberto Núñez Feijoo, referíndose á vía de alta capacidade entre Tui e A Guarda, actualmente en execución.
En canto ao sector pesqueiro, cualificou “rotundo fracaso”, o balance da política de Zapatero no tocante a este tema. “A frota pesqueira da Guarda veuse totalmente desamparada polo Goberno, que demostrou a súa incapacidade para defender os seus intereses e tamén os do marisqueo e da acuicultura no seo da Unión Europea”.
A incapacidade do Goberno socialista traduciuse en medidas negativas, e en toda unha serie de incumprimentos na xestión realizada desde o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, que favoreceu a competencia desleal, perda de postos de traballo e que multiplicou a burocracia na tramitación de axudas.
Iglesias referiuse ademais a outros temas puntuais como o o incumprimento do Goberno en relación ao dragado do Miño para manter a navegabilidade do ferry boat que comunica A Guarda con Caminha, ou á problemática creada entre veciños e hostelería coa construción da senda litoral da falda do monte Santa Tecla.
Iglesias lembrou ademais as incomodidades e os transtornos que teñen os veciós da comarca para renovar o seu Documento Nacional de Indentidade
Estes temas puntuais foron, segundo as populares, postas en coñecemento do Goberno a través de iniciativas, preguntas e propostas dos representantes do PP no Congreso e no Senado, e que aínda hoxe están sen solucionar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario