9 de ago. de 2011

O ROSAL

O ATLETA ROSALEIRO, DAVID GÓMEZ MARTÍNEZ, NOVAMENTE CAMPIÓN DE ESPAÑA ABSOLUTO DE DECATHLÓN



Infogauda / O Rosal






É sen ningún xénero de dúbidas, o mellor atleta do Rosal. O seu currículo así o acredita. Chámase David Gómez Martínez (O Rosal, 1981). É un deportista que pertence o Real Club Celta de Vigo. Olímpico en dúas ocasions (Athenas, 2004 e Beiging, 2008), e con un envidiable palmarés. A pasada fin de semana seu nome voltou a soar con forza no Estadio Cidade de Málaga, onde se disputou o XCI Campionato de España de Atletismo e onde o atleta rosaleiro, 1.445 días despois do seu anterior Decathlon, cumpliu seu obxectivo e dixo: Xa estou eiquí!





David fixo un traballo moi meritorio e a pesares de vir arrastrando lesións, acadou seu cuarto - os anteriores foran en 2004, 2007 e 2008 - Campionato de España Absoluto de Decathlón.





E iso que os médicos, logo de senllas operacions en ambos os dous pés lle habían dito que esta tempada non podería competir en Decathlón, e íl pretendía acabar á competición o que lle permitía ronda-los 7.000 puntos. E en Málaga, con un calor abrasador, con cáseque 40 graos, non somentes rematou tódalas probas, senón que David Gómez sumou 7.298 puntos, fronte os 7.193 do seu máis directo rival, Oscar González, que competía na súa casa, como quen dí. Polo tanto a Medalla de Ouro do Campionato de España Absoluto de Decathlón, viu con David Gómez Martínez, para O Rosal.




Parabens David!







Ningún comentario:

Publicar un comentario