O Goberno do PSOE rexeita a moción do BNG para a realización dun Plan de tráfico para A Guarda
“A máxima responsabilidade recae no propio Alcalde, X.M. Freitas, creando unha Concellaría de Tráfico con dedicación parcial pero que na práctica non é operativa”
Infogauda / A Guarda
O pasado 29 de xullo, o pleno do concello discutiu unha moción presentada polo BNG para a creación dun Plan de tráfico para a Guarda. A moción foi rexeitada polo Alcalde, X.M. Freitas, o seu grupo de goberno e coa abstención de Converxencia Galega.
Segundo os nacionalistas, A Guarda é un concello cunha importante actividade comercial e de ocio dentro da comarca, así como un referente turístico de primeira magnitude. Esta condición fai que se evidencien a diario problemas de tráfico que chegan a colapsar, en momentos puntuais, algunhas rúas da nosa vila. Estes problemas son máis patentes coa chegada da época estival, o que fai necesario, máis ca nunca, unha planificación do tráfico no noso concello.
Para levar adiante esta planificación, o BNG entende que se fai necesario a realización dun plan de tráfico que recolla aspectos fundamentais como a análise do tráfico actual, a saída sur do porto que faga posíbel unha comunicación máis áxil, definir futuras áreas de aparcamento, zona azul, posíbeis peonalizacións, etc. O plan de tráfico debe integrar as necesidades do concello contando, na súa elaboración, coas opinións da sociedade guardesa, a través das súas organizacións sociais e políticas, así como expertos na materia.

Segundo o portavoz nacionalista, Xan Lois Lomba, xa no ano 2008 o BNG presentou unha moción no mesmo senso que foi rexeitada por parte do Sr. Alcalde e o seu grupo de goberno, sen que se fixera absolutamente nada até o día de hoxe.
“É indecente que no mesmo pleno o Concelleiro de tráfico vote a favor da súa dedicación parcial e vote en contra da creación dun plan de tráfico que toda A Guarda espera”, comentou Hortensia García, concelleira nacionalista.
Para o BNG a responsabilidade máxima recae no propio Alcalde, X.M. Freitas, dado que crea unha Concellaría de Tráfico con dedicación parcial pero que na práctica non é operativa, sabendo que o tráfico é un dos problemas máis importantes que ten o concello da Guarda. A día de hoxe, despois de 4 anos de maioría absoluta, o goberno do PSOE dedicouse a votar en contra de todas as iniciativas que presentou o BNG para intentar solucionar os problemas de tráfico.

Ningún comentario:
Publicar un comentario