24 de xul. de 2011

O ROSAL

A BANDA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL NA TVG, CON TREIXADURA


Agrupación Musical do Rosal

Hoxe domingo 24 de xullo, a Banda da Agrupación Musical do Rosal, actuará na gala da TVG “A Galicia do Futuro” xusto despois dos fogos de Santiago. Será xunto con Treixadura nun dos temas que gravamos xuntos e que podedes escoitar no último disco deste gran grupo folk galego "Esa sí que é muiñada".

CEA XXV ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

Isto vai pa todo o mundo, ex músicos, ex directivos, socios, ex socios, simpatizantes,...todo o que queira ir a cea polo 25ºAniversario da Agrupación que será o sábado 30 de xullo no Restaurante Juan (O Rosal), 25€ persoa, pode anotarse no teléfono 986 626 311 ou no 609 866 792, ou mesmo pasando pola oficina do Auditorio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario