31 de maio de 2011

OURENSE

BANDE CELEBRA UNHA NOVA EDICIÓN DA FESTA DO PEIXE


Infogauda / Ourense




O concello de Bande celebrará esta fin de semana unha nova edición da Festa do Peixe, coa que se cumplen 40 anos desta celebración que busca ser recoñecida de interese turístico para o vindeiro anos.
A partires do venres, día 3 de xuño, un total de 12 estands ofrecerán peixe e degustaciónd e pinchos aos asistentes.


Os organizadores calculan que se consumirán uns 400 quilos de peixe (escalos e bogas) ao longo do find e semana. As actividades gastronómicas completaranse con música, teatro, maxia ou fútbol.


O Presidente da Deputación felicitou aos organizadores por acadar esta 40 edición e ofreceu a súa colaboración para manter esta festa, que axuda a que moitos visitantes coñezan esta comarca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario