30 de maio de 2011

O ROSAL

XX TROFEO PISTA AS FAIAS DE CICLISMO

Sábado 4 de xuño, ás 17:00 horas, na pista de As Faias (San Xoán de Tabagón)



Club Ciclista O Rosal / O Rosal


O Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores organiza o vindeiro sábado a partir das 17:00 horas o XX Trrofeo Pista das Faias. Comenzará a competición coa Ximcana da categoría Benxamín a que seguirán os Alevíns, Infantís e para rematar a tarde de ciclismo serán os Cadetes os que pecharán este XX Trofeo Pista das Faias.

Tamén queremos divulgar a Promoción do Ciclismo que vai efectuar o C.C. O Rosal para a captación de novos corredores. Esta promoción vaise celebrar na Pista de Ciclismo das Faias en Tabagón tódolos venres de xuño e o primeiro venres de xullo (dias 3, 10, 17, 24 de xuño e 1 xullo) as 17:00 horas. Só e preciso que os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, acudan coa súa bicicleta e o seu correspondente casco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario