9 de abr. de 2011

INFOGAUDA: MÁIS DE 54.000 VISITAS EN DOUS ANOS

Gracias o apoio dos seus lectores, este xornal dixital rexistrou en un ano, un crecemento da súa audiencia de máis do 18 por cento


Como moitos lectores deste xornal dixital saben, Infogauda leva na Rede de redes desde o día 25 de setembro de 2007.


Ainda que sempre quixemos ter unha referencia que nos permitise coñece-la nosa audiencia, o contador de visitas instalado nos primeiros intres non daria o resultado agardado. Como deixou de funcionar, durante un tempo non dispuxemos dese recurso. En calquer caso, pasados varios meses, optamos por voltar a instalar un novo contador. E como non podía ser doutro xeito, fixémolo desde 0. A data da súa instalación foi á do 10 de abril de 2009. É decir, fai dous anos. Desde entón até o día de hoxe sabemos que este xornal dixital, no primeiro ano de funcionamento do contador, rebasou ás 25.000 visitas e neste segundo ano a audiencia de Infogauda medrou en máis de 18 por cento, en relación ao ano precedente, acadando un total de máis de 54.000 visitas. A progresión acadada ven a confirmar que sen concesións de ningún tipo, Infogauda está contando co apoio e interese dos internautas.

O incalificable episodio do pasado día 26 de febreiro, cando un despacho de abogados de Vigo, seguindo ordes expresas de dúas persoas – un cargo público no concello de A Guarda e un funcionario municipal do mesmo concello – nos remesou un burofax con certificación de acuse de recibo, do que xa informamos puntualmente; serviu para que percíbisemos o agarimo e o apoio de moitas persoas e de varios colegas. Por iso, entendemos que é xusto recoñecer que neses intres de incertidume e desacougo nos sentimos totalmente arroupados, e por suposto, ampliamente recompensados.

Por outra banda, os datos estatísticos dos que dispomos, confírmannos que a nosa modesta labor conta co interese de moitos cidadáns. Así sabemos, que en xullo de 2010, ás páxinas vistas de Infogauda foron 5.270; en agosto 5.866; en setembro 5.764; en outubro 5.242; en novembro 5.174; e en decembro 4.325. En xaneiro de 2011 o número de páxinas vistas pasou a ser de 4.560; en febreiro chegamos as 7.289 ; e en marzo 11.301.

Por países o número de páxinas vistas teñen sido os seguintes: España: 44.734; Alemania: 5.336; Estados Unidos: 2.010; Francia: 1.179; Portugal: 801; Luxemburgo: 290; Brasil; 237; Dinamarca: 223; Polonia: 199; e Canadá: 162. Non dispomos de datos doutros países.

No que respecta ás entradas, Infogauda ten pubricadas novas que contabilizaron desde 125 páxinas vistas, dunha información de ámeto local, até as 588 que acadou a editorial INFOGAUDA: POLA LIBERTADE DE EXPRESIÓN.

Que ás novas, comentarios, críticas, imaxes, opinións, suxerencias,..., que se pubrican en Infogauda sexan do interese dos seguidores tanto da bisbarra miñota como doutros lugares de Galicia e mesmo de máis alá da nosa xeografía patria, e incruso desde á outra orela do Atlántico; é o que motiva que o equipo de colabouradores deste medio de comunicación dixital nos sintamos agradecidas/os pola atención que nos dispensan. Por iso, como non podía ser menos, novamente moitas gracias.

Infogauda

1 comentario:

  1. Animo "infogauda" espero que os datos sigan subindo, moitos animos e forza.
    Unha forte aperta.
    Lalo.

    ResponderEliminar