30 de abr. de 2011

A GUARDA




ESQUERDA UNIDA PRESENTA UNHA MOCIÓN SOLICITANDO Á LIMPEZA INTERIOR DA FORTALEZA DE SANTA CRUZ, ASÍ COMO Á SÚA APERTURA PARA QUE Á CIDADANÍA POIDA DISFROITAR DESE BEN DE INTERESE CULTURAL




De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello, desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

LIMPEZA DO INTERIOR DA FORTALEZA (CASTELO) STA. CRUZ E APERTURA PARA DISFRUTE DA CIDADANÍA.

A fortaleza Sta. Cruz forma parte do pobo guardés e a día de hoxe súas entradas están pechadas a pesar de haber inversión pública por parte da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, en 909.000 € e 434.400 €, cofinanciado nun 70% por INTERREG III-A, FORTRANS III programa europeo.
Na actualidade encóntrase en pleno abandono e para Esquerda Unida os responsables son as chamadas autoridades políticas que tenhen o poder local, para nós un desgoberno.
Dende o exterior da a impresión de que esta cheo de matogueiras con unhas instalacións a medio facer, e as fiestras tenhen os vidros rotos, restos de materiais etc. Este investimento non figura na propaganda demagóxica do “o teu pobo”, seguramente foi por despiste ou por no facer público a súa incapacidade política.
Para Vostedes isto é “compromiso, calidade e destino turístico europeo de excelencia”. Os premios son concedidos por cegos, ou os mercan nas tendas chinas.
Dende Esquerda Unida solicitamos:


- Remate das obras que no seu día deixaron a medio facer.

- Limpeza e apertura das portas para disfrute da cidadanía.
- Que as festas do Trega (Actuacións, entretenemento etc) se fagan no interior das murallas.

A Guarda a 29 de maio 2011

Asdo.: José Antonio González Morais

Ningún comentario:

Publicar un comentario