23 de mar. de 2011

A GUARDA

SEGUNDO O BNG "O GOBERNO DO PSOE NA GUARDA DESENTÉNDESE DA SEGURIDADE NA CANLE DE NAVEGACIÓN DO FERRI"




Infogauda / A Guarda


O BNG na Guarda solicitou información sobre o deficiente estado do balizamento na canle de navegación do transbordador que comunica Caminha-A Guarda. Asemade preguntou que medidas se ían tomar para solventar o problema. Segundo Xan Lois Lomba: “Como parte beneficiaria do servizo do transbordador, o Concello da Guarda ten a responsabilidade de velar porque este sexa de calidade. Ao mesmo tempo debe garantir a seguridade dos usuarios e pescadores que faenan no río.”
A resposta do grupo de goberno local é dar traslado ao Concello de Caminha para que sexa este o que tome as medidas oportunas.
Dende o BNG non entenden esta desidia ao respecto da seguridade de navegación no río por parte do goberno guardés. "O precario estado do balizamento provocou a colisión dunha embarcación o pasado mes de decembro. De non mudar esta situación córrese o risco de que se volvan producir novos sinistros”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario