26 de out. de 2010

SAÚDE

A asociación Avelaíña desenrola, unha vez mais unha campaña de información sobre a saúde mental
Avelaíña inaugurou onte en Gondomar unha campaña de sensibilización na comarca do Val Miñor, baixo o lema “Benestar emocional para unha saúde xeral”

Avelaíña / A Guarda
A asociación de axuda a persoas con problemas de saúde mental, Avelaiña, inicia esta actividade co fin de dar a coñecer e sensibilizar á población da comarca do Val Miñor e Baixo Miño.

Esta iniciativa realízase con motivo do día mundial da saúde mental, celebrado o 10 de octubre, co lema “Benestar emocional para unha saúde xeral” adoptado pola Federación FEAFES.

A mellora da calidade de vida das persoas con enfermidade mental e das súas familias, así como a consecución da plena integración do colectivo, vén sendo obxecto dun importe aumento da demanda de atención por parte das persoas afectadas do Baixo Miño e o Val Miñor. Neste contexto, A asociación Avelaiña ofrece, entre os seus servizos, o Centro de Reabilitación Psicosocial e Laboral, un Programa de Escola de Familias, outro de respiro familiar, así como asesoramento e orientación laboral.

A campaña terá lugar entre o 25 e o 30 de octubre, nos seguintes concellos:

25-26 octubro: En Gondomar, diante do Centro de Saúde
27-28 octubro: En Baiona, na plaza Pedro de Castro
29-30 octubro: En Nigrán, no Centro Comercial A Ramallosa
A acción realizarase en horario de 11 a 19 horas, e contará ca colocación de dúas mesas:

Mesa informativa, coa entrega de folletos e documentación sobre a saúde mental, asociacións, recursos e actividades.

Mesa de exposición e venda de productos artesanais elaborados nos talleres de artesanía da asociación, ubicados na Guarda e no centro de Gondomar.

Tódalas personas que se acheguen as instalacións recibarán, tamén un agasallo elaborado nos talleres da asociación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario