PRESENTACIÓN DO IV CAMPIONATO DE DOMA CLÁSICA
Infogauda / Ourense
O IV Campionato Provincial de Ourense de Doma Clásica foi presentado hoxe no Centro Cultural da Deputación de Ourense, coa presenza de José Manuel Díaz, representante do Clube Ecuestre de Ourense; Jorge Vázquez, vocal da Federación Hípica Galega, e Manuel Rodríguez, representante da Deputación e do Centro Ecuestre Antela.
José Manuel Díaz dixo que a hípica en Ourense “está a vivir un momento de gran desenvolvemento, o que fai que se mova unha parte importante da economía da nosa provincia”. Neste senso, destacou que tanto no aspecto deportivo como no de emprego, as actividades hípicas “supoñen un pulo de ocio e comercial, xa que ademais de actividades deportivas para nenos e maiores, esta disciplina trae consigo emprego para profesores, veterinarios, mozos, e ferradores, e tamén conleva o desenvolvemento de ganderías, cría de cabalos e apertura de tendas específicas, entre outras actividades”.
No que atinxe ao campionato, a proba terá lugar os días 25 e 26 de setembro no Hipódromo de Antela e será puntuable para o campionato galego. Estará presente ha seleccionadora galega, e desenvolverase en dúas quendas: o sábado, día 25, en horario de 16.00 a 20.30 horas, e o domingo día 26, de 10.00 a 14.30 horas. Haberá premios para as diferentes categorías, alevín e infantil, e os gañadores participarán no campionato galego que terá lugar en outubro en Mondariz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario