O BNG DENUNCIA A UTILIZACIÓN DE DEPENDENCIAS MUNICIPAIS PARA Á ACTIVIDADE PROFESIONAL DUNHA EMPRESA PRIVADA
O Bloque Nacionalista Galego considera inaceptábel a cesión, por parte do Goberno do PSOE, do Salón de plenos do Concello a unha empresa privada para tramitar alegacións ao Plan de Ordenación do Litoral (POL) cobrando polas mesmas.
Desde a organización nacionalista están de acordo en que un tema da complexidade do POL require que o Concello informe e asesore á cidadanía, mais consideran absolutamente inaxeitado que se habiliten as dependencias municipais para que unha empresa privada instale a súa oficina.O Bloque Nacionalista Galego considera inaceptábel a cesión, por parte do Goberno do PSOE, do Salón de plenos do Concello a unha empresa privada para tramitar alegacións ao Plan de Ordenación do Litoral (POL) cobrando polas mesmas.
Desde a organización nacionalista están de acordo en que un tema da complexidade do POL require que o Concello informe e asesore á cidadanía, mais consideran absolutamente inaxeitado que se habiliten as dependencias municipais para que unha empresa privada instale a súa oficina.
“O Concello, como institución pública, debe ofrecer un servizo público á cidadanía, non é admisíbel que unha empresa privada ofreza os seus servizos desde dependencias municipais”, afirmou o edil do BNG. “Non nos consta que a outros profesionais da localidade se lle ofrecese a posibilidade de realizar o seu traballo de asesoría en igualdade de condicións utilizando as instalacións municipais”, engadiu.
Este xeito de actuar do equipo de goberno do PSOE evidencia unha grave confusión entre o público e o privado. O feito de acudir á Casa do Concello a realizar unha alegación ao Plan de Ordenación do Litoral puidera facer pensar que é o Concello quen ofrece este servizo cando en realidade se trata dunha asesoría externa ao mesmo. Esta situación implica un agravio comparativo con respecto aos profesionais da localidade, que ven como o Concello permite e mesmo recomenda unha oficina privada nas súas dependencias, competindo directamente e con evidentes vantaxes cos profesionais locais. “As veciñas e veciños teñen que saber que cando acoden ao Salón de Plenos a que lles tramiten ás súas alegacións están indo a unha asesoría privada e non a un servizo público do Concello”, comentou Xan Lois Lomba.

Desde o Bloque Nacionalista Galego consideran lamentábel que o Alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, e o seu goberno non cumpra as súas funcións de información ás veciñas e veciños e traten de enmascarar a súa deixación permitindo que unha empresa privada faga negocio na Casa do Concello.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Está ben que denuncies isto que está pasando. Tamén tiñas que denunciar moitas cousas antes, xa que pareces que eres dos que gobernan ou queres entrar en coalición con eles pra recoller as migas que sobran. Fai máis oposición e denuncia máis cousas que os veciños non sabemos e vos os políticos sabéndeis e recordaros que fústeis elexidos por os nosos votos.
Anónimo dixo:
paréceme moi ben que denuncies estas cousas, so preguntome se o faes porque non te dan "tallada" no goberno, Xan tiñas que denunciar sempre, non cando as migallas son cada vez menos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario