IMAXES DO IV FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA VILA DE A GUARDA
Premer eiquí para acceder á galería de imaxes - da autoría de Eduardo Rodríguez Pereira -, correspondentes o IV Festival de Bandas Vila de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O evento, orgaízado pola Agrupación Musical da Guarda, contou coa participación da Banda Municipal de Chapela e da Banda de Música de Lousame, que dese xeito devolveu a visita que a Agrupación Musical da Guarda fixera os días 31 de xullo e 1 de agosto. Como é natural, no IV Festival de Bandas de Música, tamén participou a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda.
A Banda Municipal de Música de Lousame, dirixida por Fernando Froján Canle, interpretou “Coruña”, de Faustino del Río; “Retratos de España”, de Teodoro Aparicio; “Virginia”, de Jacob de Haan, e “Crego e poeta”, de Prudencio Romo.
A Banda de Música de Chapela, dirixida por Severino Pedrosa Núñez, interpretou “El Soro”, de E. Ros; o 2º movimento de “Rapsodia Galega”, de Juan Montes; “Diógenes”, de Jacob de Haan; “Noites de lúa na praia”, de Ernesto Campos e X.L. Represas, e “Mozos do Penedo”.
A Agrupación Musical de A Guarda, dirixida nesta ocasión por José Antonio, xa que o director titular, Víctor Luís Alonso Treinta estáse recuperando de un accidente, interpretou o pasadobre ”Agüero”, de J. Franco”; “Riverien Cyclus”, de A. Malando; “Les Miserables”, de C.M. Schoenberg; a muiñeira “Saraldara”, de J. Ces, e “El tío Caniyitas”, de R. Dorado.
O IV Festival de Bandas de Música rematou coa interpretación conxunta, polas tres bandas de música, de varias pezas musicais que o respectable soubo agradecer.

Ningún comentario:
Publicar un comentario